A familia Xachoconto. CEIP Vilaverde (II)
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve…
April 22, 2026
Completamos a visita de estudantes do CEIP Vilaverde de Pontevedra ao podcast 'A familia Xachoconto'. Esta vez participaron outros vinte e dous nenos e nenas de terceiro curso de Primaria (8 e 9 anos). A proposta de PontevedraViva Radio ofrece, dunha parte, a oportunidade de coñecer a redacción do xornal dixital PontevedraViva e a súa parte radiofónica. Da mesma forma, e empregando os medios de comunicación como ferramenta, refórzase o interese pola lectura. Do mesmo xeito que os seus compañeiros e compañeiras predecesoras, empregouse un extracto do libro 'Frei Perico e o seu borrico' de Juan Muñoz Martín. Completaron coa realización dun concurso, a modo pasapalabra, con preguntas relacionadas co texto excogido; e a posta en práctica do papel que exercen os tertulianos.
Discussion in the ATmosphere