{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreicor74vnnzsgzcnm4va3des5owmav7qyukaelsod24jgjdr72w75y",
"uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mk3urgllqgu2"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreiheoqhsbg4pu5ykq7afa7xkb6c6l6w672uyzadm6ucznuhir26rf4"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 590800
},
"path": "/gl/radio/podcast-familia-xachoconto-ceip-vilaverde-fomento-lectura_516472_102.html",
"publishedAt": "2026-04-22T15:00:00.000Z",
"site": "https://www.pontevedraviva.com",
"tags": [
"Radio",
"A familia Xachoconto"
],
"textContent": "Completamos a visita de estudantes do CEIP Vilaverde de Pontevedra ao podcast 'A familia Xachoconto'. Esta vez participaron outros vinte e dous nenos e nenas de terceiro curso de Primaria (8 e 9 anos). A proposta de PontevedraViva Radio ofrece, dunha parte, a oportunidade de coñecer a redacción do xornal dixital PontevedraViva e a súa parte radiofónica. Da mesma forma, e empregando os medios de comunicación como ferramenta, refórzase o interese pola lectura. Do mesmo xeito que os seus compañeiros e compañeiras predecesoras, empregouse un extracto do libro 'Frei Perico e o seu borrico' de Juan Muñoz Martín. Completaron coa realización dun concurso, a modo pasapalabra, con preguntas relacionadas co texto excogido; e a posta en práctica do papel que exercen os tertulianos.",
"title": "A familia Xachoconto. CEIP Vilaverde (II)"
}