External Publication
Visit Post

A familia Xachoconto. CEIP Plurilingüe de Tenorio

Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve… April 5, 2026
Source
O alumnado de terceiro curso de Primaria do CEIP Plurilingüe de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) visitaron a redacción de PontevedraViva e o estudo de PontevedraViva Radio. A actividade desenvolvida serviu, dunha parte, para coñecer que é un xornal dixital, unha radio dixital e gravar este podcast. De igual forma, na parte correspondente ao fomento da lectura, a atención púxose en 'Os fíos de Begoña' (Xerais), publicación ilustrada cuxa autoría corresponde a Eva Mejuto e Nuria Díaz. A través deste libro coñeceron a biografía de Begoña Caamaño, a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas. Para reforzar estes coñecementos participaron nun concurso de preguntas e respostas. (Agradecementos ao Seminario Galán).

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...