{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreigxhx2pbqyz2gam7wbpoavlvaaxs4fjfbg6zf2ufjtvf4dzq7kuvu",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3miqoobopnfq2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreigj2pnfybfdz4zoqslul53fda6n77jgsk4obid55d2aj6ak2odjs4"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 419539
  },
  "path": "/gl/radio/familia-xachoconto-ceip-plurilingue-tenorio_515861_102.html",
  "publishedAt": "2026-04-05T10:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "A familia Xachoconto"
  ],
  "textContent": "O alumnado de terceiro curso de Primaria do CEIP Plurilingüe de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) visitaron a redacción de PontevedraViva e o estudo de PontevedraViva Radio. A actividade desenvolvida serviu, dunha parte, para coñecer que é un xornal dixital, unha radio dixital e gravar este podcast. De igual forma, na parte correspondente ao fomento da lectura, a atención púxose en 'Os fíos de Begoña' (Xerais), publicación ilustrada cuxa autoría corresponde a Eva Mejuto e Nuria Díaz. A través deste libro coñeceron a biografía de Begoña Caamaño, a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas. Para reforzar estes coñecementos participaron nun concurso de preguntas e respostas. (Agradecementos ao Seminario Galán).",
  "title": "A familia Xachoconto. CEIP Plurilingüe de Tenorio"
}