External Publication
Visit Post

Cara a cara #697. Francisco Lozano con 'Algo es cierto'

Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve… April 3, 2026
Source
Oriúndo de Zamora, Francisco Lozano Rodríguez leva máis de cinco décadas residindo en Pontevedra. 'Algo es cierto' é a súa cuarta novela e falamos co autor dela. Entre o costumismo, a novela negra e retrincos de historia contemporánea dúas mulleres protagonizan o relato. Dunha parte, Rosa Iglesias, unha muller nada a finais dos anos vinte, que con dezaseis anos viaxa a Montevideo de forma apresurada. Cincuenta anos despois regresa a Galicia buscando xustiza. Doutra parte, a inspectora María Otero cruza o seu devir profesional con Rosa e con secuelas da presenza da armada alemá do Terceiro Reich na ría de Vigo. Antes deste título publicou: 'Polvo de esparto', 'Uranio' e 'A tiro hecho'.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...