Cara a cara #695. Francisco Narla con 'Ultreia'
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve…
March 19, 2026
'Ultreia' é o primeiro dos títulos dunha triloxía que firma Francisco Narla, escritor lucense ao que non se resistiron xéneros como a poesía, o ensaio, ou a novela onde resulta máis produtivo. Prolífico tamén é na súa faceta de colaborador en radio, televisión ou podcast. Como reza a sinopsis desta novela: "Coa escusa de construír unha nova catedral, o bispo Diego Gelmírez afoga en impostos a Compostela. E non só financia con eles as colosais obras do templo, tamén mantén un exército propio, engorda as súas arcas persoais e levanta un palacio tan ostentoso como insultante". A cidade compostelá do medievo, desde personaxes históricos como Gelmírez ou a raíña Urraca até os anónimos do vulgo dan forma a unha historia que Narla narra con mestría. Unha ficción histórica que arrinca en 1117. Neste podcast charlamos co autor tras unha recreación sonora desta nova novela que se presentou na mesma Catedral de Santiago. "Un peregrino saudaba 'Ultreia', e respondíanlle et 'Suseia', Santiago". Bo Camiño. Ou boa lectura neste caso.
Discussion in the ATmosphere