{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreidbbpon6qdqvz5xh2kllbyiaj5aymz3qtysovoukka4dc3qorsmoi",
"uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3milms4ovj4q2"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreibm65xs7gmpzh5yu4uai6mchc2j4m5duoyd45royzefaab7xvwqt4"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 679864
},
"path": "/gl/radio/podcast-francisco-lozano-novela-algo-es-cierto-cara_515858_102.html",
"publishedAt": "2026-04-03T10:00:00.000Z",
"site": "https://www.pontevedraviva.com",
"tags": [
"Radio",
"Cara a cara"
],
"textContent": "Oriúndo de Zamora, Francisco Lozano Rodríguez leva máis de cinco décadas residindo en Pontevedra. 'Algo es cierto' é a súa cuarta novela e falamos co autor dela. Entre o costumismo, a novela negra e retrincos de historia contemporánea dúas mulleres protagonizan o relato. Dunha parte, Rosa Iglesias, unha muller nada a finais dos anos vinte, que con dezaseis anos viaxa a Montevideo de forma apresurada. Cincuenta anos despois regresa a Galicia buscando xustiza. Doutra parte, a inspectora María Otero cruza o seu devir profesional con Rosa e con secuelas da presenza da armada alemá do Terceiro Reich na ría de Vigo. Antes deste título publicou: 'Polvo de esparto', 'Uranio' e 'A tiro hecho'.",
"title": "Cara a cara #697. Francisco Lozano con 'Algo es cierto'"
}