External Publication
Visit Post

Cara a cara #695: Uns 'Sentinelas' no Día Internacional do Cómic

Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve… March 16, 2026
Source
Con motivo do Día Internacional do Cómic e o Tebeo, 17 de marzo, dedicamos este podcast a unha publicación con tripla autoría galega e escrita en galego. Os guionistas proceden do audiovisual, son Andrés Castro García e Ozo Perozo Porteiro; e as ilustracións corresponden a Alexandre Senande Díaz. Charlamos cos tres neste podcast de como xorde 'Sentinelas', como se organizan para desenvolver este proxecto a seis mans e até onde queren levalo. Polo momento publicaron con Editorial Galaxia 'Sentinelas da lúa carmesí' e 'Sentinelas non limiar das tebras'. É un 'Stranger Things' con adn galego? Ademais doutras responsabilidades profesionais, actualmente están inmersos no terceiro título desta saga digirida ao público adolescente. Polo restultado, non só eles, está a atraer a lectores de menos e máis idade.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...