Venezuela, sobre unha das zonas sísmicas máis activas de Suramérica: as causas do dobre terremoto
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
June 29, 2026
Os dous fortes terremotos que sacudiron Venezuela na pasada quinta feira, separados por apenas 39 segundos, deixan un balance provisional de 1.450 persoas falecidas, segundo informou este domingo o presidente do Parlamento venezolano, Jorge Rodríguez, quen engadiu que o número de persoas feridas é de 3.150. Mentres continúan as tarefas de emerxencia, os equipos de rescate conseguiron localizar con vida 33 persoas baixo os cascallos. Os terremotos volven situar o foco na elevada actividade sísmica do país, atravesado por unha das fallas tectónicas máis perigosas de América Latina.
Discussion in the ATmosphere