{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiavddoiykovbfz7k2wjzuohn4kgazbsyraoegxmuy3h7ezqzdeoua",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mpfuxqronss2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreiec42nzi56chqyfulrfwnxob54ebqm43a4mwbme7yahnamhu2yl6i"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 133846
  },
  "path": "/articulo/internacional/venezuela-das-zonas-sismicas-mais-activas-america-causas-do-dobre-terremoto/20260629080101260522.html",
  "publishedAt": "2026-06-29T06:01:01.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "INTERNACIONAL"
  ],
  "textContent": "Os dous fortes terremotos que sacudiron Venezuela na pasada quinta feira, separados por apenas 39 segundos, deixan un balance provisional de 1.450 persoas falecidas, segundo informou este domingo o presidente do Parlamento venezolano, Jorge Rodríguez, quen engadiu que o número de persoas feridas é de 3.150. Mentres continúan as tarefas de emerxencia, os equipos de rescate conseguiron localizar con vida 33 persoas baixo os cascallos. Os terremotos volven situar o foco na elevada actividade sísmica do país, atravesado por unha das fallas tectónicas máis perigosas de América Latina.",
  "title": "Venezuela, sobre unha das zonas sísmicas máis activas de Suramérica: as causas do dobre terremoto"
}