External Publication
Visit Post

O BNG exixe á Xunta que solicite as competencias para a xestión dos funcionarios habilitados nos concellos galegos: "É unha auténtica necesidade"

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] June 10, 2026
Source
O deputado do BNG Óscar Insua reclamou á Xunta da Galiza que solicite a transferencia das competencias para xestionar a selección dos funcionarios habilitados de carácter estatal nos concellos galegos, unha medida que considera necesaria para facer fronte á falta de persoal que afecta máis de medio cento de municipios. Insua acusou o Goberno galego de estar subsumido ao PP de Madrid: “Centralizan todo en contra dos intereses da Galiza”, dixo.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...