O BNG de Padrón exixe apartar do Concello o traballador condenado por acoso sexual e reclama desculpas públicas do alcalde á vítima
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
June 12, 2026
O BNG de Padrón cualificou de "extrema gravidade" a sentenza que condena un traballador municipal por acoso sexual a unha compañeira do Concello e acusou o goberno local de non protexer adecuadamente a vítima durante o proceso. A formación nacionalista reclama unha rectificación pública do executivo municipal, medidas para apartar o condenado do cadro de persoal e unha revisión da actuación institucional ante o caso.
Discussion in the ATmosphere