O actual bispo de Ourense e varios ex altos cargos da Igrexa na Galiza, na lista dos 94 sinalados por tapar casos de pederastia
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
June 5, 2026
A visita do papa León XIV ao Estado español principia marcada por un novo escándalo da Igrexa española. Vén de facerse pública a listaxe de 94 altos cargos da Igrexa católica que terían encuberto durante décadas a pederastas e responsábeis de abusos a crianzas. Na listaxe publicada por 'El País' aparecen varios ex bispos galegos, o ex presidente da Conferencia Episcopal, Rouco Varela, e un bispo galego en activo: Leandro Lemos, bispo de Ourense.
Discussion in the ATmosphere