{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreigujpqo37sazq4f574bhiusn3q4ravcsvjtieer7dyp6sn6hppjw4",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mnk2sy4azpb2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreietaatsx3faikflajrz6vdeqelaymbqjisplyxx2s2ze7ndnqbpwa"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 105086
  },
  "path": "/articulo/social/cento-altos-cargos-da-igrexa-espanola-sinalados-encubrir-abusos-da-igrexa-rouco-varela-dos-nomes-da-longa-lista/20260605122926258476.html",
  "publishedAt": "2026-06-05T10:29:26.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "SOCIAL"
  ],
  "textContent": "A visita do papa León XIV ao Estado español principia marcada por un novo escándalo da Igrexa española. Vén de facerse pública a listaxe de 94 altos cargos da Igrexa católica que terían encuberto durante décadas a pederastas e responsábeis de abusos a crianzas. Na listaxe publicada por 'El País' aparecen varios ex bispos galegos, o ex presidente da Conferencia Episcopal, Rouco Varela, e un bispo galego en activo: Leandro Lemos, bispo de Ourense.",
  "title": "O actual bispo de Ourense e varios ex altos cargos da Igrexa na Galiza, na lista dos 94 sinalados por tapar casos de pederastia"
}