Cuba anticipa "resistencia feroz" se hai unha "agresión armada" dos Estados Unidos contra a illa
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
May 21, 2026
Imputación dun alto mando dun país estranxeiro e despregue dun portaavións nas inmediacións do seu territorio, o que están a facer os Estados Unidos na súa persistente ameaza sobre Cuba ten cada vez máis semellanza co que aconteceu a comezo de ano no caso de Venezuela. Así o denuncia o Goberno da illa caribeña, que alerta sobre a crecente violencia dos EUA, algo que tamén fan outros actores como China ou Rusia. Neste contexto, o país caribeño advertiu da "práctica escura" dos EUA de usar imputacións para xustificar ataques militares.
Discussion in the ATmosphere