{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreif7r5j5ya5psahwruq46bnhd5wfww5szz3ufcm4chei6334xxkpii",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mmfaelxy3m22"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreidvpxgzuhfhwk35upt6hzrfamdxqh5ggrumuakj4bp5fuvlrqox5a"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 141006
  },
  "path": "/articulo/internacional/cuba-anticipa-resistencia-feroz-hai-agresion-armada-dos-estados-unidos-illa/20260521203240257095.html",
  "publishedAt": "2026-05-21T18:32:40.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "INTERNACIONAL"
  ],
  "textContent": "Imputación dun alto mando dun país estranxeiro e despregue dun portaavións nas inmediacións do seu territorio, o que están a facer os Estados Unidos na súa persistente ameaza sobre Cuba ten cada vez máis semellanza co que aconteceu a comezo de ano no caso de Venezuela. Así o denuncia o Goberno da illa caribeña, que alerta sobre a crecente violencia dos EUA, algo que tamén fan outros actores como China ou Rusia. Neste contexto, o país caribeño advertiu da \"práctica escura\" dos EUA de usar imputacións para xustificar ataques militares.",
  "title": "Cuba anticipa \"resistencia feroz\" se hai unha \"agresión armada\" dos Estados Unidos contra a illa"
}