External Publication
Visit Post

O BNG pide un estudo urxente sobre a perda de produtividade nas rías galegas para poñer en marcha un ambicioso plan de rexeneración

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] May 21, 2026
Source
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou a elaboración dun estudo sobre a caída da produtividade nas rías galegas que sirva de base para impulsar un “plan ambicioso de rexeneración e recuperación integral”. Durante unha reunión coa Confraría de Carril, advertiu de que a crise que afecta ao marisqueo e á pesca xa constitúe un “problema de país” e acusou o Goberno galego de falta de resposta ante unha situación que cualificou de urxente.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...