{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiezxtavvxcawut3enajctowij5uyjtvqkmkjwxt325r2zk6bm4ieu",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mmezno4aorq2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreihku23agubpgjwdfqtlbgb7ixbqqed34yakesxuzkpo7hu2k6ekpi"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 150483
  },
  "path": "/articulo/social/bng-pide-estudo-urxente-perda-produtividade-nas-rias-galegas/20260521190413257079.html",
  "publishedAt": "2026-05-21T17:04:13.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "SOCIAL"
  ],
  "textContent": "A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou a elaboración dun estudo sobre a caída da produtividade nas rías galegas que sirva de base para impulsar un “plan ambicioso de rexeneración e recuperación integral”. Durante unha reunión coa Confraría de Carril, advertiu de que a crise que afecta ao marisqueo e á pesca xa constitúe un “problema de país” e acusou o Goberno galego de falta de resposta ante unha situación que cualificou de urxente.",
  "title": "O BNG pide un estudo urxente sobre a perda de produtividade nas rías galegas para poñer en marcha un ambicioso plan de rexeneración"
}