External Publication
Visit Post

Unha mirada renovadora nas aulas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] May 15, 2026
Source
Estas Letras Galegas, dedicadas á escritora e xornalista Begoña Caamaño, son unha oportunidade para que a mocidade coñeza a importancia da lectura como coñecemento transformador, do activismo para provocar cambios na sociedade implicándonos como colectivo e saber da importancia de visibilizar tantas voces femininas silenciadas. Asemade, como a nosa lingua e a nosa cultura son elementos universais, transformadores e dunha gran riqueza. Begoña Caamaño é necesaria nas nosas aulas, abrámoslle a porta, sen medo e con alegría.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...