External Publication
Visit Post

Berio Molina: arte contemporánea galega

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] May 8, 2026
Source
O son ten a capacidade de ordenar, advertir ou mesmo estruturar. A escoita, cando deixa de ser pasiva, desprázase cara a un estado no que esas funcións se expanden. O artista sonoro Berio Molina sitúa a súa práctica nesa apertura. Na peza Shellac. A Minute. At Action Park (2003), dous altofalantes móvense de maneira autónoma mentres emiten a canción homónima. O son, convértese nun axente con capacidade de acción propia, condensando así, un trazo esencial do seu traballo.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...