{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreifhsi6zbjf2we5q6tnip6rnqw6rbkpnyujkcm6bgy4p564oyy254m",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mldrqpd23n72"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreiczrlwzdbdtgo4g3dmgbqgpue6gqaeoi44ivfg4quu6i4ihwh2qcu"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 140225
  },
  "path": "/articulo/reportaxes/berio-molina-arte-contemporanea-galega/20260508141225255805.html",
  "publishedAt": "2026-05-08T12:12:25.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "Reportaxes"
  ],
  "textContent": "O son ten a capacidade de ordenar, advertir ou mesmo estruturar. A escoita, cando deixa de ser pasiva, desprázase cara a un estado no que esas funcións se expanden. O artista sonoro Berio Molina sitúa a súa práctica nesa apertura. Na peza Shellac. A Minute. At Action Park (2003), dous altofalantes móvense de maneira autónoma mentres emiten a canción homónima. O son, convértese nun axente con capacidade de acción propia, condensando así, un trazo esencial do seu traballo.",
  "title": "Berio Molina: arte contemporánea galega"
}