A última edición das Residencias Artísticas Mariñán fecha co compromiso de facer "que sigan medrando" nas vindeiras convocatorias
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
April 24, 2026
O Pazo de Mariñán acolleu esta sexta feira a despedida das Residencias Artísticas Mariñán 2026, unha edición récord que reuniu quince proxectos e que consolida este programa da Deputación da Coruña como un espazo de referencia para a creación contemporánea. O encontro serviu para poñer en valor o tempo, a experimentación e o intercambio entre disciplinas como elementos clave dos procesos creativos.
Discussion in the ATmosphere