External Publication
Visit Post

Paisajes progresivos #76. De todo un pouco (9)

Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve… June 14, 2026
Source
Alberto Pazo volve ampliar o foco musical e nesta edición do podcast ofrece "un novo menú para todos os gustos e padais" do rock progresivo. "Comezamos co recordo dos deliciosos Rousseau e os seus sons pastorais e amables. Pómonos algo máis contundentes co eclecticismo de IZZ e coa rotundidade e solemnidade dos suecos Salva". "Seguimos coa magnífica grandilocuencia de Pallas e a exquisita instrumentación de Oblivion Sun. Escoitamos o último do incansable e gran batería Steve Hughes". "Lembramos un gran traballo de Guy Manning e tamén o seu posterior proxecto multinacional Damanek. Outro exercicio de memoria cun dos mellores traballos do gran teclista Nick Magnus e despedímonos cun dos seus colaboradores, Tony Patterson". Como sempre, Alberto Pazo produce e presenta estes podcast para "que o gocedes".

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...