{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreia4vfc3km7izetxzt756tbmjn7ilbvawnut6q5e2b62h3ose3lovy",
"uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mobopo3il4s2"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreieypguocmadvmgqui26ebf4yjepeayzggnsnjba6wxlsvum2srxjm"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 184021
},
"path": "/gl/radio/podcast-rock-progresivo-paisajes-progresivos_517986_102.html",
"publishedAt": "2026-06-14T20:00:00.000Z",
"site": "https://www.pontevedraviva.com",
"tags": [
"Radio",
"Paisajes progresivos"
],
"textContent": "Alberto Pazo volve ampliar o foco musical e nesta edición do podcast ofrece \"un novo menú para todos os gustos e padais\" do rock progresivo. \"Comezamos co recordo dos deliciosos Rousseau e os seus sons pastorais e amables. Pómonos algo máis contundentes co eclecticismo de IZZ e coa rotundidade e solemnidade dos suecos Salva\". \"Seguimos coa magnífica grandilocuencia de Pallas e a exquisita instrumentación de Oblivion Sun. Escoitamos o último do incansable e gran batería Steve Hughes\". \"Lembramos un gran traballo de Guy Manning e tamén o seu posterior proxecto multinacional Damanek. Outro exercicio de memoria cun dos mellores traballos do gran teclista Nick Magnus e despedímonos cun dos seus colaboradores, Tony Patterson\". Como sempre, Alberto Pazo produce e presenta estes podcast para \"que o gocedes\".",
"title": "Paisajes progresivos #76. De todo un pouco (9)"
}