A familia Xachoconto. CEIP de Marcón, Pontevedra
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve…
June 6, 2026
A autora homenaxeada este 2026 no Día das Letras Galegas deu pé a que estudantes do CEIP de Marcón (Pontevedra) convertésense en xornalistas durante a súa visita a PontevedraViva Radio. Un total de dezaseis alumnos de 6º curso de Primaria sumáronse á iniciativa de fomento da lectura e aproximación aos medios de comunicación entre escolares. Para iso, solicitouse información sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño para posteriormente, repartidos en grupos, preparasen unha entrevista ficticia con ela. Mozas e mozos demostraron co seu traballo que, ademais de coñecer a biografía da entrevistada, tamén saben traballar en equipo. Unha vez redactado o guión, repartíronse as preguntas e roles diante dos micrófonos. O resultado quedou reflectido neste podcast.
Discussion in the ATmosphere