{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreibpsqiekikx67ghf6degw6cb5clnbeu756fs2huurpzzjqhsevub4",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mnmigk4ggny2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreifjulf2cuznre4rveq4ik3l2arjxpzi4smm4td3gcafgodibayfgy"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 534219
  },
  "path": "/gl/radio/familia-xachoconto-ceip-marcon-pontevedra_517783_102.html",
  "publishedAt": "2026-06-06T10:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "A familia Xachoconto"
  ],
  "textContent": "A autora homenaxeada este 2026 no Día das Letras Galegas deu pé a que estudantes do CEIP de Marcón (Pontevedra) convertésense en xornalistas durante a súa visita a PontevedraViva Radio. Un total de dezaseis alumnos de 6º curso de Primaria sumáronse á iniciativa de fomento da lectura e aproximación aos medios de comunicación entre escolares. Para iso, solicitouse información sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño para posteriormente, repartidos en grupos, preparasen unha entrevista ficticia con ela. Mozas e mozos demostraron co seu traballo que, ademais de coñecer a biografía da entrevistada, tamén saben traballar en equipo. Unha vez redactado o guión, repartíronse as preguntas e roles diante dos micrófonos. O resultado quedou reflectido neste podcast.",
  "title": "A familia Xachoconto. CEIP de Marcón, Pontevedra"
}