A familia Xachoconto. CEIP As Bizocas de O Grove (2)
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve…
May 31, 2026
Tras o episodio anterior con alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP As Bizocas de O Grove, é a quenda para os seus compas de 5º e 6º. O espazo mantívose como eixo temático da visita a PontevedraViva e PontevedraViva Radio, xa que é o tema común do centro neste curso lectivo que xa remata. Un dos nomes propios da visita foi o de Laika, a cadela rusa que se converteu no primeiro ser vivo en viaxar ao espazo; outro o de Peggy Whitson, a persoa que segue acumulando máis horas de estancia no espazo exterior. Exerceron de opinadores sobre diferentes asuntos que se lles expuxeron, e falaron dos seus hábitos lectores. 'A familia Xachoconto' é unha iniciativa que ofrece un achegamento aos medios de comunicación e ao tempo promove o hábito lector entre alumnos de Primaria e Secundaria.
Discussion in the ATmosphere