{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreihgij3fqlblhfcz6dcu3zymnwxyxeqobsgwof63zlqnckvo5u4ovi",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mn5escunptd2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreifnvpazv6fndbk5zqdi3aajtml32so443zzpqxcmvrjmh7vrh4hfe"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 435396
  },
  "path": "/gl/radio/podcast-fomento-lectura-familia-xachoconto-ceip-as-bizocas-grove-2_517558_102.html",
  "publishedAt": "2026-05-31T10:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "A familia Xachoconto"
  ],
  "textContent": "Tras o episodio anterior con alumnado de 3º e 4º de Primaria do CEIP As Bizocas de O Grove, é a quenda para os seus compas de 5º e 6º. O espazo mantívose como eixo temático da visita a PontevedraViva e PontevedraViva Radio, xa que é o tema común do centro neste curso lectivo que xa remata. Un dos nomes propios da visita foi o de Laika, a cadela rusa que se converteu no primeiro ser vivo en viaxar ao espazo; outro o de Peggy Whitson, a persoa que segue acumulando máis horas de estancia no espazo exterior. Exerceron de opinadores sobre diferentes asuntos que se lles expuxeron, e falaron dos seus hábitos lectores. 'A familia Xachoconto' é unha iniciativa que ofrece un achegamento aos medios de comunicación e ao tempo promove o hábito lector entre alumnos de Primaria e Secundaria.",
  "title": "A familia Xachoconto. CEIP As Bizocas de O Grove (2)"
}