Cara a cara #712. Irene Lourido con 'O lado nobre'
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve…
May 30, 2026
A xornalista pontevedresa Irene Lourido fíxose co X Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. O galardón leva a publicación da novela coa editorial Xerais e xa está en librarías. É o seu debut como escritora. En 'O lado nobre' a autora comeza a escribir a partir dunha complicada situación familiar e desenvolve "unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida". Charlamos neste podcast con ela sobre os momentos, os recordos familiares, as dúbidas ou as reflexións que plasma no libro. Irene Lourido é licenciada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual e en Publicidade e Relacións Públicas. A súa traxectoria profesional está vinculada á televisión pública galega e é tamén profesora asociada de Información Televisiva na Universidade de Santiago.
Discussion in the ATmosphere