{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreifrj76zwchj7im574lshrvyllbeew4ysldllaooo6bb6gjuljcney",
"uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mn3ihbopz732"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreiedflvxefz6cuyjoikk52d6ladet2jdu7fx7pdpf2mj7ypwp5hy5m"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 233847
},
"path": "/gl/radio/podcast-cara-irene-lourido-con-lado-nobre_517764_102.html",
"publishedAt": "2026-05-30T15:00:00.000Z",
"site": "https://www.pontevedraviva.com",
"tags": [
"Radio",
"Cara a cara"
],
"textContent": "A xornalista pontevedresa Irene Lourido fíxose co X Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. O galardón leva a publicación da novela coa editorial Xerais e xa está en librarías. É o seu debut como escritora. En 'O lado nobre' a autora comeza a escribir a partir dunha complicada situación familiar e desenvolve \"unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida\". Charlamos neste podcast con ela sobre os momentos, os recordos familiares, as dúbidas ou as reflexións que plasma no libro. Irene Lourido é licenciada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual e en Publicidade e Relacións Públicas. A súa traxectoria profesional está vinculada á televisión pública galega e é tamén profesora asociada de Información Televisiva na Universidade de Santiago.",
"title": "Cara a cara #712. Irene Lourido con 'O lado nobre'"
}