External Publication
Visit Post

Cara a cara #708. 'Cartas al pasado', álbum debut de Dani Piñeiro

Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve… May 14, 2026
Source
'Cartas al pasado' é o título do álbum debut de Dani Piñeiro. Once tracks de pop urbano, como o describe o seu artífice na charla que mantén neste episodio do podcast 'Cara a cara'. Estará dispoñible para escoitar en plataformas en escasas horas (esta mesma noite) e segue inmerso na previsión de que, sen tardar, tamén se poida adquirir en formato físico. E... quen é Dani Piñeiro?. Un mozo oriúndo de Pontevedra que actualmente e desde hai escasos anos reside e traballa en Barcelona; non precisamente no sector musical. É farmaceútico, - (si, a súa cara pódeche soar, unha pista: traballou na farmacia próxima a Pasarón) -. Desde mozo formou a voz e sentido atraído pola música. En 2022 publicou tres sinxelos, rap lírico; outro tres ao ano seguinte. Estes anos avanzou dous temas deste inminente elepé no que inclúe ademais unha homenaxe en galego a quen como el, conxugan o presente fóra do seu lugar de orixe. 'Voltar sempre', que pecha o disco, terá o Día dás Letras Galegas o seu correspondente vídeoclip na canle de YouTube de Dani Piñeiro.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...