{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreig3usapkqfo5qaqafbaqmnkiam22igobzmxry5vrsvrdbiuwzlnsu",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mltaec3tfsv2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreihu4wyl55z37uyhuhp3cq23uhzqof67yge4bmgfgepmgifspar5yi"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 1990585
  },
  "path": "/gl/radio/podcast-cartas-pasado-album-debut-dani-pineiro_517221_102.html",
  "publishedAt": "2026-05-14T15:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Cara a cara"
  ],
  "textContent": "'Cartas al pasado' é o título do álbum debut de Dani Piñeiro. Once tracks de pop urbano, como o describe o seu artífice na charla que mantén neste episodio do podcast 'Cara a cara'. Estará dispoñible para escoitar en plataformas en escasas horas (esta mesma noite) e segue inmerso na previsión de que, sen tardar, tamén se poida adquirir en formato físico. E... quen é Dani Piñeiro?. Un mozo oriúndo de Pontevedra que actualmente e desde hai escasos anos reside e traballa en Barcelona; non precisamente no sector musical. É farmaceútico, - (si, a súa cara pódeche soar, unha pista: traballou na farmacia próxima a Pasarón) -. Desde mozo formou a voz e sentido atraído pola música. En 2022 publicou tres sinxelos, rap lírico; outro tres ao ano seguinte. Estes anos avanzou dous temas deste inminente elepé no que inclúe ademais unha homenaxe en galego a quen como el, conxugan o presente fóra do seu lugar de orixe. 'Voltar sempre', que pecha o disco, terá o Día dás Letras Galegas o seu correspondente vídeoclip na canle de YouTube de Dani Piñeiro.",
  "title": "Cara a cara #708. 'Cartas al pasado', álbum debut de Dani Piñeiro"
}