CEIP de Corvillón (Cambados) máis 'Pinocho' revisado por Miguel Ángel Villar
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve…
May 2, 2026
Un grupo de incipientes lectores visitan PontevedraViva Radio para coñecer 'A familia Xachoconto'. Son escolares de primeiro e segundo curso de Primaria do CEIP de Corvillón, en Cambados. Traemos un clásico a este podcast, pero adaptado ao momento actual. Isto é, a revisión que o coruñés Miguel Ángel Villar fixera do clásico de Carlo Collodi, 'Pinocho'. Os escolares responden sobre o valor da amizade, tomar precaucións ante descoñecidos, a mentira e a sinceridade, a valentía ou o bullying, temas todos eles que se extraen da narración adaptada. Durante a visita tamén aprenderon diversas nocións sobre medios de comunicación. O podcast 'A familia Xachoconto' é unha iniciativa de PontevedraViva e PontevedraViva Radio para o fomento lector entre estudantes de Primaria e Secundaria.
Discussion in the ATmosphere