{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreia7w56kpvi7ruuak7pk42f53mmmcq67rxuyrks6a5gos2htwxswv4",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mkug2l6zbki2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreiag56w42wqbyw3u5a6y3rb5ho53nhmvhzgmx7cggdbyfsbgm4ptku"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 541269
  },
  "path": "/gl/radio/ceip-corvillon-cambados-pinocho-revisado-miguel-angel-villar_516693_102.html",
  "publishedAt": "2026-05-02T10:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "A familia Xachoconto"
  ],
  "textContent": "Un grupo de incipientes lectores visitan PontevedraViva Radio para coñecer 'A familia Xachoconto'. Son escolares de primeiro e segundo curso de Primaria do CEIP de Corvillón, en Cambados. Traemos un clásico a este podcast, pero adaptado ao momento actual. Isto é, a revisión que o coruñés Miguel Ángel Villar fixera do clásico de Carlo Collodi, 'Pinocho'. Os escolares responden sobre o valor da amizade, tomar precaucións ante descoñecidos, a mentira e a sinceridade, a valentía ou o bullying, temas todos eles que se extraen da narración adaptada. Durante a visita tamén aprenderon diversas nocións sobre medios de comunicación. O podcast 'A familia Xachoconto' é unha iniciativa de PontevedraViva e PontevedraViva Radio para o fomento lector entre estudantes de Primaria e Secundaria.",
  "title": "CEIP de Corvillón (Cambados) máis 'Pinocho' revisado por Miguel Ángel Villar"
}