{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreifllec6uhckoab43vr5se5iykw7huj5ht62lbh65vvyz3f2zwpevi",
"commit": {
"cid": "bafyreigi5o3mulsn5x64fvsgtcbyqwtakp6frlvg2iymjy5lbq3qnpa2ge",
"rev": "3mp2htxyohr2i"
},
"uri": "at://did:plc:ijyxpu72h4byh4bqeasx5txh/app.bsky.feed.post/3mp2htxwmxs2l",
"validationStatus": "valid"
},
"content": {
"$type": "pub.leaflet.content",
"pages": [
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument",
"blocks": [
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"facets": [
{
"features": [
{
"$type": "pub.leaflet.richtext.facet#link",
"uri": "https://vieiros.com"
}
],
"index": {
"byteEnd": 365,
"byteStart": 346
}
}
],
"plaintext": "Non sei a razón, pero alguén segue a pagar o aloxamento da antiga páxina de Vieiros. Podería imaxinala, o caso é que a web está aparentemente tal cal a vimos o día da súa abrupta defunción. Hai algunhas seccións ás que non se pode acceder, pero conserva parte da información xerada durante a súa existencia. Podedes curiosear aquí: https://vieiros.com"
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"alignment": "lex:pub.leaflet.pages.linearDocument#textAlignCenter",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.image",
"aspectRatio": {
"height": 76,
"width": 250
},
"image": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreifpsl2lmr46ugrz47zs7ui3rzfazz2dn3qdycmmr4ri44gu7pkppa"
},
"mimeType": "image/webp",
"size": 3942
}
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"plaintext": "E o que comezou como unha inocente navegación por webs antigas derivou nunha revelación: conservamos libros e artigos de periódicos de principios do século XX, pero non somos capaces de conservar a maioría da creación en formato dixital. É máis, non é que non sexamos capaces de facelo senón que nin sequera nolo propuxemos seriamente."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"plaintext": "Artigos periodísticos, literarios, artísticos ou simplemente históricos e ata persoais. Material algún moi relevante e outro menos, pero que poderían axudar a explicar unha época, un momento. E resulta sorprendente que, no momento en que máis están evolucionando os soportes da nosa pegada, máis difícil é atopar o xeito de conservala."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"facets": [
{
"features": [
{
"$type": "pub.leaflet.richtext.facet#link",
"uri": "http://www.muvi.gal"
}
],
"index": {
"byteEnd": 339,
"byteStart": 335
}
}
],
"plaintext": "E tamén poderiamos pensar no caso particular dos videoxogos, un soporte artístico tan válido coma outros. E aquí estamos a dar algúns pasos adiante e outros atrás. Existen asociacións ou grupos que están recollendo e conservando material da historia dos videoxogos, así como os xogos orixinais, destacando por aqui o papel do MUVI (Museo do Videoxogo)."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.image",
"aspectRatio": {
"height": 101,
"width": 353
},
"image": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreidgoshvzdaqjfoq3wyckpqbbimvpar3swxldjapydrxd6j4gal7dy"
},
"mimeType": "image/webp",
"size": 2472
}
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"facets": [
{
"features": [
{
"$type": "pub.leaflet.richtext.facet#link",
"uri": "https://www.stopkillinggames"
}
],
"index": {
"byteEnd": 381,
"byteStart": 363
}
}
],
"plaintext": "Pero o paso atrás ven do modelo actual, dependentes da conexión e do mantemento duns servidores que fan ao videoxogo inservible unha vez desaparecen. Isto fai inútil a conservación do xogo en sí se non hai un plan para facelo xogable unha vez desaparezan eses servidores. Neste eido está desenvolvendo un traballo moi potente, diante das autoridades da UE, Stop Killing Games, pese a que a presión da industria parece que importa máis que os dereitos das consumidoras."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.image",
"aspectRatio": {
"height": 226,
"width": 588
},
"image": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreidfzqj7k3adda3w2yalrah6cnosjmqunxjgb4tns5ayryfs2g6zve"
},
"mimeType": "image/webp",
"size": 16984
}
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"plaintext": "Outro eido que queda baixo o radar podería ser o mundo dos podcasts. Cando pechen as empresas que os manteñen activos na rede, desaparecerán millóns de programas de miles de temáticas diversas. Reflexións, información, pensamentos, todo desaparecerá. Poderiamos tamén falar do blogomillo, que nunha época contabilizou máis de 5.500 blogs en galego, do material musical tradicional conservado e transmitido en formato propietario do Encore e que pasa de man en man sen ningún plan cooperativo de recopilación e conservación, e moitos outros."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"plaintext": "E pensaremos, é o mercado amigo, pero somos algo máis que mercado, bebemos do que crearon os nosos antepasados. É certo que en toda a nosa historia perderiamos o 99% do que pensou e se creou por non ter como conservarlo (ou estar demasiado ocupados en sobrevivir). Pero a estas alturas empezamos a ter medios para pensar nesa conservación. Quizáis non todo e pode que non como solución definitiva, pero sí para poder dar unha patada cara adiante perdendo o mínimo posible."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"facets": [
{
"features": [
{
"$type": "pub.leaflet.richtext.facet#link",
"uri": "https://www.bne.es"
}
],
"index": {
"byteEnd": 95,
"byteStart": 76
}
},
{
"features": [
{
"$type": "pub.leaflet.richtext.facet#link",
"uri": "https://www.bne.es/es/colecciones/videojuegos"
}
],
"index": {
"byteEnd": 175,
"byteStart": 145
}
},
{
"features": [
{
"$type": "pub.leaflet.richtext.facet#link",
"uri": "https://www.bne.es/es/noticias/diez-anos-colaboracion-para-asegurar-huella-digital-gallego-no-desaparezca"
}
],
"index": {
"byteEnd": 318,
"byteStart": 268
}
}
],
"plaintext": "É xusto dicir que tamén hai entidades adicadas a recuperar e conservar. A Biblioteca Nacional, está comezando a recoller e conservar todos os videoxogos editados en España (moita sorte con iso), e tamén está a recoller material web, no caso do xerado en Galicia en colaboración coa Biblioteca de Galicia e .gal."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"plaintext": "Pero hai moitas cousas que se escapan, de feito buscando precisamente por Vieiros no existe ningún arquivo relacionado. É un traballo moi importante que non se pode resolver a corto prazo, ademais que son entidades herdadas do pasado, cando só se conservaba o impreso ou o físico, cuns protocolos e presupostos herdados tamén do pasado que non sei se son suficientes para ese reto. Necesitarían da colaboración de moitas máis entidades (públicas e privadas) e sumar máis recursos a ese obxectivo."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"plaintext": "Tamén sería importante é que todo elemento que naza debe facelo tamén pensando pensando en como se podería conservar para o futuro. Una utopía quizais, nestes momentos das prisas, de como uns proxectos pisotean a outros a ultravelocidade."
}
},
{
"$type": "pub.leaflet.pages.linearDocument#block",
"block": {
"$type": "pub.leaflet.blocks.text",
"plaintext": "Neste punto só me queda dar as grazas a todas as persoas e entidades que están traballando para a conservación da nosa historia dixital. E tamén fago unha chamada a pensar un pouco en todo isto. Necesítase sumar máis esforzo a esta empresa, e no que atinxe ao país, non estaría de máis que houbese entidades que se preocuparan de coordinarse e colaborar para chegar máis lonxe e de xeito máis ordeado para manter e difundir o noso patrimonio dixital. Noutro caso perderemos moito do que fomos, moito de que somos, moito do que seremos."
}
}
],
"id": "019ef8cb-c44e-7114-ac3a-80731979e465"
}
]
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreifpsl2lmr46ugrz47zs7ui3rzfazz2dn3qdycmmr4ri44gu7pkppa"
},
"mimeType": "image/webp",
"size": 3942
},
"description": "",
"path": "/3mp2htjwzq22l",
"preferences": {
"$type": "pub.leaflet.publication#preferences",
"showComments": true
},
"publishedAt": "2026-06-24T17:44:43.737Z",
"site": "at://did:plc:ijyxpu72h4byh4bqeasx5txh/site.standard.publication/3moylpcyevc2g",
"tags": [
"cultura",
"dixital",
"videoxogos",
"blog",
"conservación"
],
"title": "Perdemos cultura por riba das nosas posibilidades?"
}