Anindita Datta, xeógrafa india: "As cámaras non acaban coa criminalidade, o necesario é que haxa ollos na rúa, que creemos comunidade"
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
July 4, 2026
Ademais de ser a vicepresidenta da Unión Xeográfica Internacional, o que marcou un fito na historia da Xeografía da India ao romper un teito de cristal, Anindita Datta ten un enfoque valente, rompedor e comprometido dentro da disciplina. Desde a súa posición loita por un urbanismo máis xusto, que teña en conta os dereitos das mulleres, das crianzas e das persoas maiores, loita por unha cidade máis amábel na que vivir sexa unha experiencia mellor. Deste modo o explica a 'Nós Diario'.
Discussion in the ATmosphere