O BNG de Vigo censura a "opacidade" de Caballero e pide a súa reprobación no Pleno desta segunda feira
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
June 28, 2026
O BNG de Vigo defenderá no Pleno municipal desta segunda feira unha proposta de reprobación do alcalde, Abel Caballero, pola súa actuación no caso Saltamontes. A formación nacionalista xustifica a iniciativa pola "continuada opacidade" do rexedor tras o accidente mortal de Matamá, o bloqueo á investigación política dos feitos e a súa negativa a asumir responsabilidades ou retirar a confianza á concelleira de Seguridade, investigada xudicialmente.
Discussion in the ATmosphere