Bil Nsongo, a grande esperanza deportiva e económica do Dépor
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
June 26, 2026
O Deportivo da Coruña ten varios xogadores que interesan a algúns dos mellores clubs de Europa. Yeremay Hernández é a xoia da coroa, pero en Riazor hai tamén moitas esperanzas postas no presente e no futuro do dianteiro camerunés Bil Nsongo, renovado até 2030 e a quen seguen de perto equipos da Bundesliga e da Premier League.
Discussion in the ATmosphere