External Publication
Visit Post

Un incidente na catenaria provoca unha columna de fume xunto a vía do tren entre Taboadela e San Cibrao

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] June 22, 2026
Source
A caída dunha árbore sobre a catenaria da liña ferroviaria provocou esta segunda feira unha intensa fumareda entre Castroverde (Taboadela) e Veredo (San Cibrao das Viñas), xerando preocupación entre a veciñanza da zona. O incidente, que non deixou danos persoais nin derivou nun incendio de consideración, activou a alerta dos residentes, especialmente sensibilizados tras o lume rexistrado hai case un ano en Seixalbo, tamén asociado ao paso dun tren.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...