{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreibs7p3fog36tf3mc7p5uz4fmhkemitmk3kiisma4oruxm2qg7eupi",
"uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mopljdkdn662"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreiekmfafst65fm56ckzlnur5vejow3xjx4ges26e54znyg3yqk64u4"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 120976
},
"path": "/articulo/social/guillermo-presa/20260620095407259890.html",
"publishedAt": "2026-06-20T07:54:07.000Z",
"site": "https://www.nosdiario.gal",
"tags": [
"SOCIAL"
],
"textContent": "Jonathan Señoráns, de 31 anos e veciño de Cambados, faleceu na terza feira no Hospital do Salnés tras recibir un disparo na súa casa presuntamente efectuado por un axente da Policía Nacional no transcurso dunha operación antidroga. O avogado da familia do falecido, Guillermo Presa, explica a _Nós Diario_ en que punto se atopa a investigación. Antonte, a xuíza tomou declaracións e deixou en liberdade sete dos 12 detidos na operación. Ás portas dos xulgados houbo unha mobilización con pancartas de \"policía, asasino\".\n",
"title": "O avogado da familia do home tiroteado en Cambados: \"Non houbo ningún motivo para que o policía tivese que disparar\""
}