External Publication
Visit Post

Aparecen ratas e serpes na farmacia de Montecelo e o Sergas admite que non é a primeira vez e redúceo a que o hospital está "próximo ao campo"

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] June 17, 2026
Source
A Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés abriu unha investigación tras a denuncia da presenza de ratas e serpes no servizo de farmacia do Hospital Montecelo. O persoal alerta dos riscos que supón a aparición destes animais nun espazo onde se almacenan e dispensan medicamentos para toda a área sanitaria, mentres a dirección asegura que xa puxo en marcha medidas para resolver de forma definitiva a situación.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...