O cumio do G7 fica marcado pola viraxe cara a Ucraína dun Trump que obvia as dificultades que atravesa o seu acordo co Irán
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
June 16, 2026
Pode que sexa unha pose, pode que realmente estea seguro de que terá éxito na saída que buscou á guerra en Oriente Medio. Mais o certo é que mentres Israel segue facendo que o acordo entre os EUA e Irán penda dun fío, Trump virou o foco de repente cara á guerra de Ucraína. O país persa reitera que o final da guerra en Oriente Medio debe atinxir todas as frontes, incluído o Líbano, mais Israel segue atacando.
Discussion in the ATmosphere