External Publication
Visit Post

O tecido social impulsa novas actividades tras cancelarse a festa do Orgullo de Vigo

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] June 15, 2026
Source
A asociación Nós Mesmas volverá encher as rúas de Vigo co seu programa do Orgullo Crítico, unha proposta que combina actividades culturais, espazos de encontro e reivindicación. Nun contexto marcado pola suspensión da Festa Diversxs e pola incerteza financeira derivada da falta de subvencións, a entidade denuncia o que considera un retroceso no apoio institucional ao colectivo LGTBI e reivindica a necesidade de manter a loita polos dereitos e a diversidade.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...