{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreibkpyrkkvnvzeqa77nzf2klejeihrfyxcmf54vnvcqoiwbwgm3dke",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mnwlxjmtd5j2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreieknqj3o4i56bmtaiwdhke22n2u6m2djbocq4qeuegmumzxmcrneq"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 95083
  },
  "path": "/articulo/politica/non-xustifica-nin-ambiental-nin-socialmente/20260610112257259009.html",
  "publishedAt": "2026-06-10T09:22:57.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "POLÍTICA"
  ],
  "textContent": "O BNG leva ao Congreso a súa oposición ao proxecto mineiro de Doade e reclama ao Goberno español que se posicione en contra da súa inclusión na listaxe europea de materias primas críticas. Néstor Rego denunciou que a iniciativa carece dunha avaliación técnica e ambiental previa e lembrou que xa fora rexeitada en 2020 polo seu impacto sobre o territorio.",
  "title": "\"Non se xustifica nin ambiental nin socialmente\": o BNG reclama ao Goberno español que rexeite a mina de Doade pola súa afección ambiental"
}