External Publication
Visit Post

A CIUG flexibiliza a corrección: a pregunta sobre socialismo e anarquismo da PAU permitirá obter a máxima nota sen unha comparación directa

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] June 8, 2026
Source
A Comisión Interuniversitaria da Galiza (CIUG) flexibilizará a corrección da polémica pregunta sobre socialismo e anarquismo do exame de Historia da PAU. O alumnado poderá obter a máxima puntuación da cuestión aínda que non realizase unha comparación directa entre ambas as correntes ideolóxicas, sempre que demostrase coñecementos suficientes sobre os dous movementos. A modificación prodúcese despois dos erros detectados por alumnado e profesorado durante a realización da proba.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...