Manuel Castiñeiras: "A catedral de Santiago é moi rica en referencias clásicas. Como moitos saben, as miñas favoritas son as acróteras"
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
June 5, 2026
Manuel Antonio Castiñeiras González (A Coruña, 1964), catedrático de Historia da Arte Medieval na Universitat Autònoma de Barcelona e presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, é un recoñecido estudoso da arte románica, tanto no ámbito peninsular como en Europa, con importantes traballos sobre senlleiros monumentos como a catedral de Santiago. O día 9 de xuño dá unha conferencia en San Martiño Pinario organizada pola Agrupación Cultural O Galo sobre os portais historiados da catedral de Santiago e o día 17 participa nas xornadas Compostela e memoria no Museo do Pobo Galego.
Discussion in the ATmosphere