External Publication
Visit Post

O BNG acusa o PP de facer trampa enganando os e as galegas coa AP-9: "Nin queren o traspaso nin o quixeron nunca"

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] June 1, 2026
Source
A viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, acusou o Goberno de Alfonso Rueda de “enganar” á cidadanía e de utilizar a Xunta para “boicotear” o traspaso da AP-9 a Galiza. A nacionalista defendeu o acordo impulsado polo BNG no Congreso para desbloquear a transferencia da autoestrada e asegurou que o Partido Popular “nin quere a transferencia nin a quixo nunca”, ao tempo que lle reclamou que deixe de “poñer escusas” e apoie a iniciativa rexistrada no Parlamento galego.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...