{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreidyac75wkyeilrwfbnwpcpddpkgsqgmtz6rkokto5skv7rz4swybi",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mmj7tc6pszf2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreidlaj4qy4en7lisodxena3crdmmjsasc2uvtievk3fzevswai3za4"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 94566
  },
  "path": "/articulo/cultura/conselleiro-cultura-seu-peor-momento/20260523100817257237.html",
  "publishedAt": "2026-05-23T08:08:17.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "CULTURA"
  ],
  "textContent": "O lema “SOS CGAC”, rotulado en carteis e na voz de representantes do sector da arte, rodeaba onte o conselleiro de Cultura e Lingua, José López Campos, na súa visita a este centro. Denuncian que a Xunta elixise “a dedo” a nova directora para controlar e desmantelar unha das institucións máis emblemáticas da Galiza. Universidades, a Academia e entidades internacionais censuran o movemento do conselleiro, fortemente cuestionado e rodeado de críticas a nivel galego e internacional.",
  "title": "O conselleiro de Cultura, no seu peor momento"
}