{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiawkwqnao6soduj3q3aaztnkqiqxut6yc75722rqsehhp6rxc3j6y",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mmh4qkmmin42"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreigz4f7kbjvrls4zmpmx6txyrwcwwhypc52opmnwgupnyvohaozpqq"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 236329
  },
  "path": "/articulo/politica/bng-reafirma-candidatura-sanmartin/20260522150206257184.html",
  "publishedAt": "2026-05-22T13:02:06.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "POLÍTICA"
  ],
  "textContent": "O BNG xa move ficha para as municipais de 2027 en Santiago de Compostela e confirmou esta sexta feira a continuidade de Goretti Sanmartín como candidata á Alcaldía. A actual rexedora compostelá, primeira alcaldesa nacionalista da cidade, foi ratificada por unanimidade pola asemblea local da formación e presentada nun acto no que Ana Pontón reivindicou a xestión do actual Goberno municipal e asegurou que Sanmartín volverá facer historia co “apoio maioritario” da cidadanía.",
  "title": "Goretti Sanmartín será a candidata do BNG á Alcaldía de Compostela"
}