O Libro de Barro: imaxes de cincuenta anos
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
May 22, 2026
Pepe Barro celebra 50 anos de traxectoria con O libro de Barro , volume publicado pola Fundación Didac que recolle o seu legado na iconografía da Galiza contemporánea e que se presentará o 28 de maio no Museo de Belas Artes da Coruña. Desde o seu estudio, axudou a poñerlle cara a un país que espertaba á autonomía, creando símbolos que son xa parte do noso imaxinario colectivo. O deseñador define o seu oficio como un servizo público en diálogo constante coa cultura propia. Nesta conversa, repasa a historia do seu compromiso social, a evolución técnica do oficio e a súa visión dunha Galiza que hoxe respira a través dunha normalidade visual acadada tras cinco décadas de traballo.
Discussion in the ATmosphere